O xacemento atópase na súa totalidade noa terreos propiedade da CMVMC de San Xusto. Situado na marxe dereita do Río Avia e a unha altitude de 600m, proporciónanos unha vista 360º espectacular. Podemos ollar os castros próximos (o de Barroso, Santa Uxía, o de Abelenda recentemente descuberto e aínda sen catalogar, o de Ripás no curso máis alto do Avia…) e como non, “Pena Corneira”.