
NOVEMBRO 2025-MARZO 2026
AS CUARTAS ESCAVACIÓNS
Tras un proxecto conxunto, unha vez máis, da Asociación Cultural Vive Avión e a CMVMC de San Xusto, presentado e concedido mediante o GDR-12, nesta escavación actuouse sobre a sondaxe S2 e na procura da “capela de San Salvador” (segundo crenza popular) quedaron consolidadas e á vista as estruturas E4, E6, E7 e E8 con moita cerámica (bastante decorada) concentrada en E4, partes de couzóns e muíños e algunhas “carbonizacións”.
A superficie na que se actuou foi de 180m2 aproximadamente, máis 20m2 dunha cata realizada no norte do xacemento que deixou á vista un tramo da muralla.

