
DECEMBRO 2023
PRIMEIRAS SONDAXES ARQUEOLÓXICAS
Financiadas pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e promovidas polo Concello de Avión, CMVMC de San Xusto e Asociación Cultural Vive Avión, consistiron en 3 sondaxes, S1, S2 e S3 (en adiante E1, E4 e porta), ofrecéronnos a confirmación da existencia da porta, unha estrutura (E1) sen restos de cerámica e outra estrutura (E4) con abundantes restos de cerámica, muíños de man e mesmo un couzón.
Como é obriga, unha vez rematadas, as sondaxes quedaron tapadas e a espera de futuras escavacións e consolidacións.
Foron dirixidas por Andrés Rodríguez Sobrino e Breogán Arqueoloxía.

