2022-2023

OS COMEZOS

En Agosto do 2022 a Asociación Cultural Vive Avión e a CMVMC de San Xusto solicitaban no Concello de Avión autorización para diferentes actuacións a realizar no xacemento.

A primeira destas actuacións foi un desbroce despois da pertinente autorización de Patrimonio, levado a cabo en Febreiro do 2023.

Tamén no 2023, despois de ter lugar unha reunión a CMVMC de San Xusto e a Asociación Cultural Vive Avión co Concello de Avión, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural concedeu unha axuda para a realización das primeiras sondaxes no Castro de San Vicente.

En Novembro do mesmo ano foi concedida unha subvención por medio do GDR-12 O Carballiño-Ribeiro para a colocación de paneis informativos e sinais direccionais.